Cosme Pombo supervisou o estado das obras en A Pastoriza, Riotorto e Meira

Cosme Pombo supervisou o estado das obras en A Pastoriza, Riotorto e Meira

30 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Cosme Pombo, visitou o estado das obras de acondicionamento do casco urbano dos concellos de Concello de A Pastoriza, http://www.concellodemeira.com//%22" target=

No Concello de A Pastoriza realizouse a mellora e a reposición das beirarrúas da Rúa Principal, así como todos os servizos precisos para o seu funcionamento, como son a luz, o alcantarillado, a auga, e o alumeado público. Esta actuación, que tivo unha inversión de 78.000 euros, respondeu á necesidade de “colaborar cos concellos, porque, ás veces, non teñen os recursos suficientes para acometer estas obras”, estableceu o Delegado de Vivenda, Cosme Pombo. Para o responsable provincial, a consellería que dirixe Teresa Táboas busca, con estas obras, “garantir a mellora dos espazos públicos, que sexan de calidade, para que os desfruten os veciños”.

En canto ao Concello de Meira, se efectuaron obras de acondicionamento do espazo próximo ás vivendas de promoción pública e da rúa principal que da acceso ao parque público de Meira. Esta acción consistiu na mellora das beirarrúas e da accesibilidade ao parque, por medio dunha rampla para xente con dificultades de mobilidade, cunhas escaleiras que comunican o parque coa vía grande e unha valla de protección de madeira para que a rampla non supoña un perigo para os viandantes.

En Riotorto, o total presupostado rolda os 85.000 euros para a reforma dos espazos públicos anexos a dúas pequenas prazas do concello.

Sociedade