Cousa de maxia

Maxia pola igualdade é un espectáculo que chega a Fene hoxe ás 18:00h.
28 de Novembro, 2019 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

Na programación do concello de Fene con motivo do 25N, tívose en conta aos nenos e nenas. Este espectáculo, Maxia pola igualdade é unha das actividades pensadas para eles.

ESCOITA O PODCAST:

“Maxia pola igualdade” é unha das actividades que organiza o concello de Fene arredor do 25N. Mañá xoves 28 ás 18h na Casa da Cultura de Fene coa maga Leo Leiño, dirixido a nenos-as de 4 a 12 anos a ás súas familias. A muller cobra protagonismo neste espectáculo que rende homenaxe a todas as que nos precederon no traballo pola igualdade. “Maxia pola igualdade” promete moitas sorpresas e emocións. A concelleira de Igualdade Juana Barro convidou ás crianzas e ás súas familias a achegarse esta tarde á Casa da Cultura de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora