Covalblú aposta pola música de autor na súa ópera prima “Mai”

Covalblú aposta pola música de autor na súa ópera prima “Mai”

23 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O grupo de folk e música tradicional Covalblú comezan este sábado no Café-Concerto Antano de Outes a súa xira de presentación de Mai. Un disco con 11 temas, na súa maioría compostos polos integrantes da banda Clara Pino e Alfonso e Rubén Abel. Non obstante, tamén acoden ao repertorio tradicional en temas como “Axúdame a cantare”e a “Cantiga de desemprego” de Fausto. Tampouco faltan colaboraci&oacute

O grupo Covalblú nace en 2007 por mor das inquedanzas dos seus cinco compoñentes pola música tradicional galega. Todos os seus membros, debido a súa experiencia noutras formacións, teñen actuado en numerosos puntos da xeografía galega, española e europea (festivais como Ortigueira, Lorient ). Entre os seus últimos concertos cabe destacar en marzo de 2008 a participación do grupo na final do Festival Folk de Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, onde a formación obtivo unha mención especial por parte do xurado.

Foi esta mención a que fixo que Covalblú se animasen a autoeditar o seu primeiro álbum, “Mai”, xa na rúa distribuído por Lonxa Cultural.

Cultura