A crítica da cultura

A crítica da cultura

02 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Como nos achegamos á cultura? Non sendo que fagamos as nosas escollas á toa, as máis das veces demostramos confianza nunha obra grazas a un traballo previo de reflexión, análise e intermediación entre autores e público, un traballo que desenvolven os críticos. Agora, os profesionais galegos desta disciplina que contaban cunha sección de seu no marco da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, veñen de superar os l&ia

A profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago salienta que por unha “redución bastante drástica” da cultura de noso nos medios, “unha boa parte da crítica migrou nos últimos tempos a outros tipo de plataformas, de soportes, a blogues, a redes”. Esta situación cómpre analizala, reflexiona, “como unha carencia, mais tamén como unha oportunidade”. E é a todos os profesionais da crítica, de todas as disciplinas, aos que quere chegar esta nova asociación.

Nogueira lembra que o primeiro intento de asociación “tivo lugar no marco da crítica de literatura no ano 2007”. Daquela un grupo de persoas integráronse na sección de crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. “Demos por concluída esa etapa e disolvémonos para crear unha nova asociación, con máis amplitude de obxectivos”, explica a presidenta. A Asociación Galega da Crítica está aínda en proceso de constitución e durante as vindeiras datas tentará incorporar a máis integrantes. Con esta nova autonomía de acción perseguirán tamén “contribuír á proxección exterior” da produción artística e literaria do país.

Cultura