Crónica do espolio

Crónica do espolio

30 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

A Asociación Cultural de Carral " Cultura Aberta", organiza as X Xornadas de Recuperación da memoria histórica. Este ano levan como lema "O Pazo de Meirás; mito e memoria". As Xornadas celebraranse na Casa da Cultura de Carral, comezando coa charla " 40 anos de Franco en Meirás. Verán e política" a cargo do mestre de Historia Contemporanea da Universidade de Santiago, Emilio Grandio Seoane,  o vindeiro venres día 1 de

Para continuar ao día seguinte sábado día 2 de Decembro, ás 17:30 horas, coa intervención dos investigadores, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío, coa ponencia, "Meirás: un pazo para o caudillo. Crónica do espolio".Estes dous investidores son autores do libro: "Meirás un pazo, un caudillo,un espolio",que se presentou o pasado martes 28 deste mes na Coruña, e no que se documenta como o pazo foi adquirido para o dictador por medio de doazóns baixo coacción, descontos obrigatorios nos salarios de empregados públicos, expropiacións forzosas e malversación de fondos e recursos públicos.

Nestas Xornadas darase a coñecer moita máis información e memoria de tódolos acontecementos entorno ao pazo, nas mesmas  contamos  coa colaboración do Concello de Carral, e co patrocinio da Deputación Provincial,  enmarcandose dentro do ciclo de actividades de Recuperación da Memoria Histórica que levou e leva a cabo a Asociación Cultural "Cultura Aberta". Nas mesmas abordase a historia dende un punto de vista riguroso,aportado por historiadores e investigadores de cada tema.

Sociedade