Crema de cogomelos e castañas

AETNA e O Pote convídannos a degustar unha cea a base de cogumelos o sabado 15 de decembro
12 de Decembro, 2018 - 01:53 h. | Publicada por Radio Fene

As setas foron recollidas nos últimos meses polas persoas que con Aetna saíron ao monte para tal fin. A degustación atrae a máis de cen persoas cada ano a Maniños. O menú recolle tres deliciosos pratos a base de cogomelos.

ESCOITA O PODCAST:

Crema de cogumelos con castañas+ Revolto de cogumelos con espuma de calabacín e tropezóns de xamón+ galletas tostadas con nata e xirope de cantarelos. Tardaron pero chegan este sabado. AETNA promove a cea- degustación de cogumelos, con Mariela Aguilar como chef nos fogóns e unha manchea de pinches de cociña nas instalacións do Pote de Maniños. Arredor dun cento de persoas reúnense cada ano e xa van dez, para degustar un menú a base de cogumelos, recollidos nos últimos meses pola asociación Aetna e conxelados para a ocasión. María Xosé García Ponte, é a tesoureira de Aetna e quen nos fala desta cita. A cea custa 12€ aos socios e 15 aos demais. Podemos apuntarnos antes do venres no teléfono 610364551 ou na sociedade O Pote.

Sociedade

Publica o teu comentario agora