Cris Castro chama ao "Cambio" co seu novo single

Cris Castro chama ao "Cambio" co seu novo single
01 de Setembro, 2020 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

O músico de Cabanas, Cris Castro, estrea o seu primeiro single: Cambio. Trátase dun proxecto no que invita á unión e á reflexión como sociedade fronte a diversos problemas que nos afectan.

ESCOITA O PODCAST:
Cris Castro no estudo de Radio Fene

Naceu en Chile pero reside en Galicia hai doce anos. O amor pola música venlle de pequeno e unha vez chega aquí comeza a tocar con orquestras e facer xiras.

A composición de “Cambio” ten moita influencia da problemática dos desafiuzamentos. Segundo conta Castro, foi algo que lle impactou moito. El imaxinaba unha marea de xente impedindo que isto sucedera. Para o artista, a vida é cambio e movemento e pensa que ás veces con mudar un simple ángulo xa vemos as cousas de xeito distinto.

Cris Castro conta xa cunha carreira musical como instrumentista pero agora decide dar o salto á composición e interpretación. Cambio é o seu primeiro single. Polo momento, podemos escoitalo na súa canle de Youtube.

Cultura

Publica o teu comentario agora