A crise iguala por abaixo as condicións laborais de mulleres e homes

A crise iguala por abaixo as condicións laborais de mulleres e homes

07 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A taxa de paro feminino medrou só no último ano 1,5 puntos e case que triplica a de 2008. As mozas galegas emigran porque non atopan traballo en Galiza e xa desapareceron do padrón de habitantes máis de 58.000 de entre 15 e 34 anos desde que comezou a crise. As que quedan ven como se deterioran as súas condicións laborais e salariais, como se reducen as axudas públicas ás persoas dependentes e como a responsabilidade d

Segundo a responsable do gabinete de Economía da CIG, Natividade López, desde o ano 2008 máis de 58.000 galegas de entre 15 e 34 anos déronse de baixa no Padrón municipal de habitantes o que, ao seu entender, evidencia a 2terríbel situación que está atravesando Galiza, coa enorme perda de poboación da xente máis nova e mellor formada. Isto implica que en torno ao 17% da poboación que tiña no ano 2008 entre 15 e 34 anos está neste momento fóra. As porcentaxes son idénticas en homes e mulleres e as consecuencias a medio e longo prazo desta sangría van ser demoledoras para o noso futuro.

Esta emigración masiva está provocada polo desemprego que afecta ao 21,9% das mulleres e que medrou só no último ano en 1,5 puntos. “Se a estas engadimos as miles que emigraron, a taxa de paro incrementaríase até acadar o 29% da poboación activa feminina”, advirte a economista da CIG.

Mais tamén contribúe a tomar a decisión de abandonar o país o feito de que en torno a un 50% das desempregadas leven máis dun ano no paro, o que implica, na maioría dos casos quedar fóra das prestacións. De feito, desde o ano 2010 a taxa de cobertura do desemprego baixou dun 66% a un 56%, 10 puntos.

Sociedade