A crise obriga a doblar o turno da Cociña Económica de Ferrol

A crise obriga a doblar o turno da Cociña Económica de Ferrol

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Cociña Económica de Ferrol conta cada vez con máis usuarios. E un exemplo e unha proba da situación de crise económica que provoca a ampliación das familias e persoas con escasos recursos.A Xunta de Goberno da Cociña Económica decidiu doblar o turno de comida dende o vindeiro 1 de decembro. Ofrecerá os seus servizos de comedor de 12,30 a duas e media da tarde en dous turnos de unha hora cada un. Pretenden así optimizar a atenció

Na actualidade sirven comidas a unhas 150 ou 160 persoas, e con esta medida esperan poder atender a 200, segundo manifestou a Radiofusión o presidente da Cociña Económica Antonio Tostado. Na actualidade sírvese o menú de xeito totalmente gratuito, xa que os Concellos de Ferrol e Narón chegaron a un convenio coa institución e financian o xantar cunhas cantidades fixadas en 2 euros por menú. Abren as súas portas na rúa Rubalcava de Ferrol de luns a sábados e ofrecen unha bolsa con alimentos para a xornada do domingo. Diariamente tamén ofrecen a posibilidade de utilizar o comedor ou levar para a casa o xantar, nunha bolsa preparada ao efecto. Antonio Togores y Corbián fundou a Cociña Económica en Ferrol en 1891. Dende aquela ven servindo comidas a todo tipo de persoas necesitadas.

Sociedade