Cristina Almeida: "Non podemos consentir que se vincule o desexo de concebir un fillo coa obriga de telo"

Cristina Almeida: "Non podemos consentir que se vincule o desexo de concebir un fillo coa obriga de telo"

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A nova Lei do Aborto está concebida dende unha perspectiva educadora e propón unha maneira diferente de vivir o amor, as relacións sexuais e, por suposto, o aborto”. Nestes termos se expresou esta tarde en Fene a avogada Cristina Almeida, convidada pola agrupación local das Xuventudes Socialistas a participar nunha mesa redonda sobre o tema. No acto tamén interviñeron a deputada socialista Mar Barcón, a secretaria xeral das XSG, María Torr

Moi crítica coa Lei do Aborto do 83, da que dixo que “foi a lei da ameaza e da vinganza de moitos desamores”,  Cristina Almeida sí se posicionou a favor da revisión realizada polo actual goberno de Rodríguez Zapatero. A avogada valorou como moi positivo o feito de que a nova norma contemple o aborto libre e sen xustificación durante as primeiras doce semanas de xestación. En relación coa polémica sobre a interrupción do embarazo a partir dos 16 anos e sen consentimento dos proxenitores, Almeida dixo que “os pais son representantes dos dereitos dos fillos pero non da súa persoalidade, e o aborto é un dereito da persoa”.

A primeira Lei do Aborto que existiu no noso país foi aprobada na Generalitat de Cataluña en tempos da República, ademais de que foi –en palabras de Cristina Almeida- “unha das máis progresistas de toda Europa”. Dende aquela, engadiu, “houbo que agardar ate agora para contar cunha lei que garanta o dereito da muller a decidir”.

A respeito da Igrexa e da oposición frontal da xerarquía eclesiástica á nova Lei do Aborto, a avogada asegurou que, en termos de sexualidade, “a Igrexa sempre mantivo unha actitude opresora, amais de amosar un desprezo absoluto polas mulleres”. Tamén apostou pola nacemento dunha nova xeración que sinta como normais os dereitos reproductivos e a liberdade sexual.

Nunha rolda de prensa anterior ao acto celebrado esta tarde en Fene, Almeida aproveitou a ocasión para amosar o seu apoio ao xuíz Garzón, afirmando estar segura de que “non o van condear porque non é un prevaricador”.

Sociedade