Cristina Pato, Birimbao e Muxarega no Festival Folk A Fraga

Cristina Pato, Birimbao e Muxarega no Festival Folk A Fraga

23 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

As Pontes celebra mañá domingo o Festival Folk A Fraga co concerto de Cristina Pato, que comparte escenario cos grupos Birimbao e Muxarega. A gaiteira presenta nas Pontes The Galician Connection, un disco íntimo, maduro e introspectivo que reafirma a traxectoria fulgurante da artista. É, sen dúbida, o traballo que amosa unha nova etapa dunha das artistas galegas con máis proxeción inte

Compartindo cartaz con ela, atópase o grupo coruñés Birimbao, que fusiona os sons galegos con outros estilos de música con raíces semellantes á irlandesa, escocesa ou a portuguesa. O grupo local Muxarega tamén terá o seu espazo nesta edición do Festival Folk A Fraga, amosando ao público un proxecto baseado en facer música a partires de pezas tradicionais galegas. Case a metade do seu repertorio actual son pezas cantadas, dende coplas tradicionais ata algún clásico do rock and rock, pasando por temas do repertorio popular galego.

Sociedade