Cristina Pato e Rosa Cedrón presentan “Soas”

Cristina Pato e Rosa Cedrón presentan “Soas”

24 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Hoxe presentouse “Soas”, o disco conxunto das artistas galegas Cristina Pato, interpretando o piano, e Rosa Cedrón, como vocalista. Este traballo pretende combinar a música popular galega, con versións de pezas populares como "Unha noite na eira do trigo" ou "Os teus ollos",  coa tradición europea de música clásica, mesmo sendo acompañadas nalgunhas cancións pola orquestra sinfónica de Bratislava. Tamé

Segundo Cristina Pato, este disco abre unha vía na colaboración de ambas artistas, que xa teñen planificada unha xira na primavera de 2011; sen embargo, non precisou unha data de realización para o vindeiro proxecto conxunto. Ambas artistas consideran este traballo como un retorno á música clásica tralo seu paso por estilos populares, ademais de supor o fin dun ciclo. A cantante Rosa Cedrón destacou esta colaboración como un soño feito realidade e resaltou a linguaxe única que se reflicte neste disco.

Segundo afirmou Fernando Luaces,  director do selo Do Fol, que edita o disco, a obra pódese adquirir tanto en soporte físico como dixital, xa que existe a posibilidade de adquirir o álbum na rede ou de escoitar nela as cancións de balde. Asemade, Luaces apuntou que o disco non tivo un presuposto desorbitado, por mor da mala situación do mercado musical actual.

Sociedade