ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O PSOE e o BNG veñen de sumar as súas críticas á medida adoptada pola Consellería de Sanidade de fechar os quirófanos dos hospitais públicos de Galicia polas tardes. Tanto socialistas como nacionalistas, indican que a supresión do réxime de autoconcertación debe ir precedido dun informe sobre o seu custe, o impacto asistencial e as listas de espera actuais.
O sistema de autoconcertación implicaba a apertura dos quirófanos polas tardes. Os profisionais que participaban nesas operacións extraordinarias cobraban unha paga extra. Segundo o voceiro do PP de Sanidade Rosendo Fernández, este sistema "perverso, provocou parte dos 434 millóns de deficit que parta este ano presenta a Consellería de Sanidade".
O voceiro do PSdeG PSOE na materia Modesto Pose, criticou que se acuse aos profisionais de non rendir na xornada ordinaria, e lembrou que a inmensa maioria do persoal do SERGAS está comprometido co seu traballo.
A deputada do BNG Ana Luisa Bouza rexistrou unha iniciativa parlamentar para que a Consellaría de Sanidade dea conta do impacto real que vai ter a decisión de suspender as operacións e consultas nos hospitais públicos e dos custes para o erario público que vai ter derivar pacientes á privada, así como de onde vai sacar eses cartos.
Bouza recoñece que as peonadas non son o modelo que realmente defende o BNG mais na súa opinión, no actual contexto e mentres non se dean os cambios estruturais que precisa o sistema sanitario público galego son “o mal menor”, pois a alternativa é a privatización e a descapitalización dos recursos humanos do Sergas “co que os nacionalistas non podemos concordar”, dixo.
Para a parlamentar, mentres non haxa alternativa o BNG defende, de acordo co seu programa, as peonadas, convencidos de que é mellor “autoconcertar” que concertar coa rede privada, mais está certo de que o obxectivo da consellaría pasa directamente pola privatización pois as declaracións da conselleira así o demostran. Nesta liña lembrou unhas palabras de Pilar Farjas na Coruña nas que afirmaba que “non queremos autoconcertación, queremos utilizar a rede privada de utilidade pública e desconxestionar a rede pública”.
Bouza conclúe asumindo que suprimir as peonadas está ben mais se é sen garantir uns mecanismos para reducir as listas de espera só ten como alternativa unha maior privatización da atención sanitaria “e esta non é a vía que nós defendemos”.