Cruz Vermella e Galicia: unidas pola Historia

Cruz Vermella e Galicia: unidas pola Historia

15 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con motivo do 150 aniversario de Cruz Vermella Española, a ONG e a editorial Primerapersona presentarán
o xoves 16 de outubro ás 20h o libro Cruz Vermella e Galicia: unidas pola historia. O acto celebrarase na sede coruñesa de Afundación e contará coa participación de Alfonso García López, presidente de Cruz Vermella na Coruña, Manuela Cabero, vicepresidenta de Cruz Vermella Española, e Carmen Colmeiro presidenta de Cruz

O libro recompila os cambios que teñen lugar en España a finais do século XIX, transportando ao lector á España rota pola pérdida das súas últimas colonias e ilustrando o labor da Institución e de moitos cidadáns anónimos en toda España, e en particular, de Galicia e A Coruña. De feito, esta cidade foi a terceira do país en crear unha sede de Cruz Vermella, no ano 1864, co obxectivo de prestar axuda humanitaria nas guerras que azoutaban o continente. Ao porto da Coruña chegaron 33.000 dos 150.000 soldados que regresaban feridos e enfermos tras perder a Guerra de Cuba que marcou o fin dun imperio.

A actitude conmovedora e exemplar dos cidadáns coruñeses, que se uniron para auxiliar aos enfermos, mantense intacta no espíritu da organización, que ten unha das súas fortalezas nos 1.500 voluntarios e os 22.400 socios que posibilitan o seu traballo nas 14 asambleas na provincia da Coruña.

A organización foise adaptando ás necesidades de cada tempo e hoxe en día desenvolve múltiples proxectos para axudar ás persoas máis vulnerables, como maiores, nenos e nenas, inmigrantes e persoas desempregadas, así como a loitar contra a pobreza no noso país a través de axudas directas ás persoas máis afectadas pola crise. A
atención de emerxencias tanto marítimas como terrestres e a cooperación internacional son outros dos ámbitos de actuación nos que Cruz Vermella traballa na provincia da Coruña.

Sociedade