A cuarta xornada do Curso de Arte Galega falará do Barroco lucense

A cuarta xornada do Curso de Arte Galega falará do Barroco lucense

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Hoxe terá lugar a cuarta xornada do VII Curso da Arte Galega no Museo Provincial de Lugo, organizado pola Deputación. O día comezará cedo, xa que a partir das 10.00 horas, a Doutora en Historia da Arte, Rosa Vázquez, o investigador Isidro Parga Pondal da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, desenrolarán o seu relatorio “A arte no camiño de peregrinación a Compostela na provincia de Lugo”

A partires das 11.45 será a quenda do profesor da E. S. Arquitectura da Universidade de A Coruña, Xavier Louzao, con unha charla sobre a iconografía barroca titulada “Tipoloxías e iconografía na pratería do Barroco”.

 

Xa pola tarde terá lugar unha visita guiada polas zonas con arquitectura barroca da cidade de Lugo, dirixida polo técnico de Difusión do Museo Provincial de Lugo, e que pechará a xornada.

Cultura