Cuartas

O golazo de Iria deu ás mulleres do Perlío os tres puntos do partido.
19 de Febreiro, 2019 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino da Liga de futbol 8 ponse cuarto na clasificación grazas ao golazo de Iria.

ESCOITA O PODCAST:

Contentas coa victoria que as coloca no cuarto lugar da táboa. O Perlío feminino de Futbol 8 alzouse co trunfo fronte ao San Sadurniño, rivais directas. O marcador quedou curto, en palabras do técnico Juanjo Lorenzo, porque o Perlío tivo moitas ocasións para aumentar o resultado.

O millor foi o ben que calcularon os ritmos do partido, de novo en palabras do técnico. Iria marcou o golazo que lles deu os tres puntos.

Agora a ver que pasa nos Pinares no próximo choque coas últimas clasificadas, Galicia de Mugardos. Lorenzo avisa, non baixar a garda e non relaxarse.

Deportes

Publica o teu comentario agora