Cuba en estado puro

Festa cubana con Niurka Carbonell ao frente de "El negro pega con tó"
13 de Setembro, 2019 - 10:44 h. | Publicada por Radio Fene

"El negro pega con tó" actúa o sabado 14 na sala La Room de Ferrol para despedir o verán.

ESCOITA O PODCAST:

Unha festa cubana despide o verán o sábado 14 de setembro na sala La Room de Ferrol desde as 23:30h. Actúa a banda “El negro pega con tó” con bolero, danzón, cha cha chá ou son. Un concerto para bailar e deixarse levar por temas que soan ao ouvido de toda a xente. “El negro pega con tó” consta de cinco compoñentes. Son Niurka Carbonell ao piano e á voz, Bell Carbonell no trombón e a percusión, Iria Carbonell no trombón, William e Yusmel na percusión e Bea Garcia na voz solista. Ofreceránse mojitos para redondear o ambiente caribeño. Unha entrada custa tres euros, pero duas persoas entrarán por cinco euros.

Niurka Carbonell lidera este e outros proxectos municiais na cidade de Ferrol a onde chegou hai 19 anos. Como ela di, leva xa media vida aquí. Coa súa carreira musical ás costas desembarcou primeiro nunha orquestra e despois na escola da Vaca. Tras moitos anos adicada ao ensino da música que compaxinou con outras actividades, este semella ser o seu ano. El negro pega con tó é a súa última aposta pero en marcha e con éxito está a rondalla “Só elas” formada en outubro de 2018 por 36 integrantes femininas. Na entrevista en Radio Fene Niurka non se esquence da súa primeira familia musical, “Ecos de Chamorro” . Do humor cubano, da festa que nos agarda en La Room, falamos con Niurka Carbonell.

Cultura

Publica o teu comentario agora