Cuestación e concerto no Dia Mundial do Alzheimer

Cuestación e concerto no Dia Mundial do Alzheimer

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O dia mundial contra o Alzheimer celébrase mañá martes 21 de setembro. A Asociación Ferrolana do Alzheimer, AFAL, conmemora  a xornada con diferentes actos que empezaron xa a comezos do mes de setembro. Mañá realizará unha cuestación nos principais centros hospitalarios, onde se instalan diferentes mesas informativas.

Solicitarán a colaboración económica dos cidadáns na Residencia Arquitecto Marcide e no Hospital Naval. Para conmemorar o dia, dun xeito máis lúdico, o grupo Abril Fado Atlántico, cantará fados na Fundación Caixa Galicia, no Cantón, ás 8 da tarde. O mércores dia 22 a cuestación trasládase ás ruas céntricas de Ferrol. Os actos concluirán o venres 24 cunha cea benéfica no Hotel Husa Odeón.

Sociedade