As cuotas de pescada da Unión Europea non son realistas, segundo a confraría de Cedeira

As cuotas de pescada da Unión Europea non son realistas, segundo a confraría de Cedeira

24 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ministerio de Medio Mariño convocou unha reunión para pasado mañá mércores, coas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e o Pais Vasco para analisar a situación da pesquería da pescada. A Unión Europea sinala que a finais deste mes é posible que o sector cubra xa as 5.800 toneladas de tope asignado para España. A secretaria da confraria de pescadores de Cedeira Irene Estevez amosouse esperanzada diante da reuni&oac

Fontes do sector atribuen as elevadas capturas á abundancia da especie no mar, e solicitan unha revisión dos cupos. Nas lonxas de A Coruña, Burela, Celeiro, Cedeira, Muros e Ribeira adicanse a pescada perto de 200 barcos, entre arrastre (97) palangre (59) e volanta (35). Na lonxa de Cedeira, nos catro primeiros meses do ano vendéronse 129.730 quilos de pescada por 55.726 de xuliana, 53.143 de polbo, 12.596 de percebe e 12.143 de choco. En cambio na lonxa de Ferrol a especie máis vendida foi o polbo seguida do ourizo, choco, ameixa babosa, e xa a moita distancia a pescada. A pescada vendeuse o pasado venres en Cedeira a un prezo medio de 3,13 euros o quilo. O prezo medio do percebe situouse nos 24 euros.

Sociedade