Curso de cociña para homes na parroquia de Cedeira.

Curso de cociña para homes na parroquia de Cedeira.

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os participantes aprenderán ao longo de dez sesións a elaborar pratos básicos de cociña así como a conservación e a preparación dos alimentos. Tamén se impartirán no curso conceptos básicos para aprender a pasar o ferro.

A actividade, organizada pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, desenvolverase no Centro Cultural de Cedeira os mércores en horario de 19:00 a 22:00 horas e ten un custe de dez euros. Para inscribirse pódese chamar ao teléfono 986408043 ou pasar polas oficinas da Concellaría no antigo edificio do conservatorio na rúa Isidoro Queimaliños.

Con este curso retomase novamente o Programa “Compartindo o tempo”, iniciado no ano 2007 co que se pretende un reparto máis igualitario das tarefas domésticas.

Ademais este mes de marzo este departamento pon en marcha novamente a ludoteca itinerante, un servizo gratuito que funcionará durante tres meses e que persegue faclitar aos pais e nais o cuidado dos nenos e ofrecerlles aos cativos actividades alternativas para o tempo de ocio

Sociedade