Curso para poñer a punto a horta, en Sillobre.

Curso para poñer a punto a horta, en Sillobre.

23 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Metidos xa na primavera como estamos, falamos de Horticultura porque a AVV San Ramón de Sillobre organiza un curso dentro dunha semana, o sabado 31 de marzo, nas suas instalacións, para falar da horta, dos productos que imos plantar, dos sulfatos e de cantas preocupacións teñamos ao respecto. Para falar diso achegaráse a Sillobre o enxeñeiro agrícola, Eusebio López Redondo, profesional neste campo no concello de Fene.

Estamos no tempo e ademais hai moita demanda de información, daí que a nova directiva da Asociación veciñal decidise facer este curso. Un dos seus membros, Vidal Tenreiro Allegue, confirmaba ese  interés. O curso sempezará o sabado 31 ás 10 da mañán no local veciñal, situado a carón da Sociedade Agarimo ou da igrexa de Santa Mariña de Sillobre. Está previsto xantar xuntos todolos asistentes e despois concluir a media tarde. O prezo do curso, co xantar incluído, é de 10 €.

Antes deste de Horticultura, a asociación veciñal de Sillobre fixera outro curso de poda, e para o furturo estúdase realizar outro sobre as conservas, para aproveitar o stock que quede da producción conseguida na horta.
Para anotarse no curso poden escribir un correo a "avsillobre@gmail.com" ou achegarse ao local na rua Mestre Lois Rodriguez de Sillobre, sede da entidade veciñal.

Sociedade