A CUT regresa á actualidade a “cultura proletaria”

A CUT regresa á actualidade a “cultura proletaria”

14 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) celebra durante a xornada de hoxe o I Festival da Cultura Proletaria. O evento ten lugar na Carballeira de San Amaro, Aldán (O Morrazo) e arrinca ao mediodía co Gaiteiriño de Aldán e un xantar popular. Despois do xantar haberá un recital poético a cargo de Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Oriana

Segundo comentou en Radiofusión o secretario da CUT, Ricardo Castro, o obxectivo desta cita é reivindicar que “temos unha cultura máis alá da cultura comercial” e tamén demostrar que o capitalismo segue opoñéndose ao proletariado, volvendo á escena a loita de clases. Desde o sindicato convidan aos afiliados e aos que non o son a gozar dunha xornada que busca socializar a cultura proletaria.

Cultura