D´Nash actua nas Festas de Ferrol

D´Nash actua nas Festas de Ferrol

24 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta noite Ferrol asiste á actuación estelar de D'Nash, agrupación andaluza constituída no ano 2005 que fixo o seu debút co disco “Capaz de todo”, pero que alcanzou a súa popularidade principalmente pola súa participación no festival de Eurovisión de 2007, cando representaron a España co tema “I love you mi vida”. Subirán ao escenario da Praza de España ás 22.00 horas.

A Concelleira ferrolana de cultura, María López, destacou aínda hoxe a celebración do espectáculo musical infantil “Elixir máxico”, que representará na praza de Armas, Troula Animación. Será a partires das 20.00 horas. Unha hora máis tarde, ás 21.00, esta mesma agrupación percorrerá as rúas do centro de Ferrol co pasarrúas “A invasión pirata”. Partirá da Praza de España e realizará un percorrido pola rúa Real, Praza de Armas, Dolores, Amboaxe, Real, Armas, Terra, Cantón de Molíns, Manuel de Cal, Carme e Dolores, para finalizar na Praza de España-.

Sociedade