Débeda cero

O pleno de Fene aprobou a conta xeral de 2018 cos votos do PP e a abstención de toda a oposición
16 de Outubro, 2019 - 10:37 h. | Publicada por Radio Fene

Magalofes demandou aos políticos locais axilidade co proxecto da auga. Barallobre quere apurar a accesIbilidade ao local da Liga de Amigos.

ESCOITA O PODCAST:

A corporación municipal de Fene aprobou a Conta xeral do 2018 cos votos do PP e a abstención de toda a oposición. En palabras do alcalde, Gumersindo Galego, a conta xeral reflexa o estado contable do concello e a execución do exercicio anterior. Neste senso, o alcalde fenés destaca que se pagaron todos os créditos e que a dia de hoxe Fene ten débeda cero. Desde as 8 da mañá reúníase o pleno extraordinario de Fene para, ademais de aprobar a conta xeral do 2018, realizar o sorteo dos veciños e veciñas incluidos no censo electoral, que formarán parte das mesas electorais o dia 10 de novembro. Vogais e presidentes, así como os suplentes, saíron do sorteo que se ralizou no salón de plenos municipal esta mañá.

A alcaldía de Fene está acollendo este dias ás diferentes entidades sociais e veciñais do concello para analisar con elas as súas aspiracións de melloras parroquiais. Esta mañá os portavoces de todos os grupos municipais recibiron nas dependencias da alcaldía a representantes da AVV de Magalofes (na imaxe) que se interesaron pola situación do proxecto da auga a esta parroquia. Gumersindo Galego declarou que, tras a reforma do proxecto, falta concretar a cofinanciación do mesmo por parte da Deputación e da Xunta de Galicia. Onte achegouse, co mesmo propósito de falar dos problemas da parroquia, a directiva da Liga de Amigos de Barallobre. Demandaron ao concello a axilización do derrumbe da nave de Fondomar na Ribeira.  Galego destacou desa xuntanza a consecución da mellora da accesibilidade ao local social de Barallobre desde a estrada provincial, unha asignatura pendente que desta vez semella que está más cerca.

Sociedade

Publica o teu comentario agora