Déronlles a razón

Gumersindo Galego e Rodríguez Bastida amosaron en roda de prensa as dúas sentencias que lles dan a razón
09 de Novembro, 2018 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

Somos Fene e PP presentaron esta mañá en roda de prensa os dous documentos á vez que lembraban que as costas de todos os recursos presentados contra eles ten que pagalos o concello de Fene porque o BNG presentounos desde a súa posición do goberno local, non como grupo.

ESCOITA O PODCAST:

A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica que os concelleiros Bastida e César Castro adscribironse ao grupo municipal Somos Fene ao comezo do mandato e non deixaron de pertencer ao mesmo. Non é equiparable a súa situación á dos concelleiros expulsados ou que abandonaron a formación electoral pola que foron elixidos. Utilizaron a Plataforma Democrática Directa de Galicia unicamente como instrumento para presentar as súas candidaturas nas eleccións municipais. En consecuencia desestimase o recurso de apelación interposto pola Deputación, en representación do Concello de Fene, por Participación Democrática Directa de Galicia e por Maria del Carmen Martinez. Impon aos apelantes as costas na contía máxima de mil euros.

O Xulgado contencioso administrativo número un de Ferrol tamén estima a demanda interposta polos concelleiros do Partido Popular de Fene contra a suspensión do pleno da moción de censura do 26 de outubro de 2017. Naquela data a presidenta da mesa de edade, facendo valer o seu voto de calidade, acordou suspender a tramitación da iniciativa interposta polo Partido Popular e Somos Fene. A sentencia indica que o informe da secretaria sinala que non se observan impedimentos para continuar coa sesión. Xa que logo, o acordo recurrido é nulo de pleno dereito por vulnerar o dereito constitucional dos demandantes a participar nos asuntos públicos.

Institucional

Publica o teu comentario agora