Día da Patria Galega

Día da Patria Galega
16 de Xullo, 2020 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

As actividades do Ciclo da Patria Galega adiáronse no concello de Fene para o outono e celebraranse nas sociedades. O cocnerto de SES será en Agarimo de Sillobre.

ESCOITA O PODCAST:

Ciclo da Patria Galega

A ceramista fenesa Carmen Romero será a encargada de ler a Declaración institucional do Día da Patria Galega no acto oficial que se celebrará o 24 de xullo no parque do Río Cádavo, ás 20.00 horas. Un acto sinxelo, que rematará coa interpretación do himno galego. E polo momento será todo o que teña Fene este ano arredor do Dia da patria. Nada que ver co Ciclo da Patria Galega que cada verán , nas vísperas do 25, desplega o concello . Polas circunstancias derivadas da Covid19 adiáronse as celebracións para o próximo outono. O encontro de habaneiras, xantar interxeracional, maxia e música adíanse a setembro ou oututro e repártense polas sociedades culturais de Fene. Justo Ardá adiantounos que a Cultura xa sofríu bastante como para suspender os actos. O concerto de SES, no que ía presentar o seu último disco “Liberando as arterias” celebrarase na sociedade Agarimo de Sillobre por ser o recinto de maiores dimensións. A data está por confirmar.

Un verán diferente

Corenta e unha nenas e nenos participan dende onte no campamento de conciliación da vida laboral e familiar “Un verán diferente” que organiza a Concellería de Cultura de Fene. Desenvolvese no CEIP Centieiras de Perlío até finais do mes de xullo e centrará o seu proxecto nas actividades ao aire libre adaptadas á situación de COVID-19. De feito, o monitorado conta con formación previa en medidas hixiénico sanitarias. Asemade, as actividades realizaranse respectando a ratio dunha monitora ou monitor por cada sete nenas ou nenos, en palabras do edil de Cultura. En todas as actividades traballarase de xeito transversal o fomento da igualdade. Ademais, realizaranse obradoiros de corresponsabilidade e coeducación, obradoiros de elaboración de instrumentos de percusión ou medioambientais, actividades de iniciación a práctica deportiva de diferentes deportes, obradoiros de reciclaxe. Perante a sospeita duna posible caso de COVID-19, o equipo conta cun protocolo de actuación.

Cultura

Publica o teu comentario agora