Día da Poesía en Mugardos

Día da Poesía en Mugardos

21 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Mugardos entrega os premios do seu VII Certame de Poesía neste venres 21 de marzo, Día da Poesía. O acto comezará ás seis desta tarde, no Salón de Plenos. A continuación proxectarase “Las maestras de la República”, premio Goya 2014 á mellor longametraxe documental.

Tamén poesía chega a Fene a vindeira semana, cun recital de Amelia de Querol. A poeta titulou o recital dun xeito curioso: “Tabaco de pipa en las lágrimas de la aurora”. A poeta acudirá a Fene o venres 28 de marzo ás sete da tarde na Casa da Cultura. A poeta Amelia de Querol recitou o sabado na xornada Mar e Ferro en San Valentín. Tamén pintou, e nas duas actividades fixo unha defensa do sector naval. Amelia de Querol, xunto  coa pintora Mª Carmen Sendón, participan hoxe e mañá nos actos da X Mostra da camelia en Narón.

Sociedade