Día de Europa en Ferrol

Día de Europa en Ferrol

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A II Marcha por Europa, celebrase en Ferrol este domingo, 8 de maio, con motivo do Día de Europa que se conmemora o dia 9. A II Marcha por Europa preséntase como unha oportunidade para redescubrir algúns dos lugares máis emblemáticos e con máis historia de Ferrol.

A II Marcha por Europa, celebrase en Ferrol este domingo, 8 de maio, con motivo do Día de Europa que se conmemora o dia 9. A II Marcha por Europa preséntase como unha oportunidade para redescubrir algúns dos lugares máis emblemáticos e con máis historia de Ferrol como son o antigo Hospicio, o Parque Municipal Raíña Sofía, a casa natal do filólogo e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, o Paseo da Mariña ou o Baluarte de San Xoán. Todos eles, suxeitos a actuacións de rehabilitación e posta en valor no marco do Plan Urban 2007-2013, promovido polo Concello de Ferrol e confinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Este acto lúdico, dirixido especialmente ás familias, nenos e mozos ferroláns, iniciarse ás 11-30 horas no Cantón de Molíns, un dos espazos públicos urbanos que contempla actuacións de acondicionamento dentro do Plan Urban Ferrol. A Marcha por Europa contará con guías de turismo que ao longo do traxecto explicarán as actuacións de rehabilitación e posta en valor do patrimonio ferrolán que está a levar a cabo o Concello ao abeiro do Plan Urban Ferrol.

Sociedade