Día de graduación na UNED Senior

Día de graduación na UNED Senior

31 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os alumnos do primeiro curso da UNED Senior de Xestoso-Cambás xa teñen o seu recoñecemento en forma de diplomas acreditativos.  A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín; a Directora da UNED de A Coruña, Susana Blanco; xunto co impulsor desta iniciativa formativa, o párroco de Labrada, Luis Ángel Rodríguez Patiño; foron os encargados de entregar os documentos que proban a súa formación universitaria do curso 2

No acto de entrega participaron gran parte dos participantes desta acción educativa, ademais das alumnas do 3º ano de coidados de maiores a domicilio. Rodríguez Patiño, crego de Labrada, tamén procedeu a dar os diplomas de asistencia ás dúas Xornadas que celebrou a Federación Galega de Medio Ambiente en Vilalba e Xermade durante o mes de xullo.

 

 

Neste encontro estiveron invitados membros da plataforma pro labrada, Consello de Maiores de Labrada e dous representantes dos Consellos de Maiores de Momán e do Consello de Anciáns de Xestoso. No curso desta celebración, a Directora da UNED de A Coruña deu a coñecer o novo curso e as súas asignaturas. Ademais, Blanco tamén informou de que este ano o curso comezará en Outubro e non en Novembro como no 2008-2009.

 

Novas asignaturas

 

Susana Blanco presentou a nova formación para o ano académico 2009-2010, que estará formada por catro bloques.

Así, no Bloque I: Desenrolo Persoal, trataranse temas como prevención de la saúde e do deterioro cognitivo; educación permanente: aprender na idade madura; nutrición e dietética; a actividade física e a súa Incidencia na saúde; a sexualidade na idade madura ou os coidados a maiores dependentes.

No Bloque II, Cursos Instrumentais, os alumnos poderán cursar materias como idiomas; economía e finanzas; lingua; informática e novas tecnoloxías e mesmo primeiros auxilios.

 

No terceiro Bloque, Cultura Xeral e Divulgación Científica,  estudarán literatura; historia e arte; cine e teatro; radio, televisión e prensa; ou Filosofía.

                 

Por último, no Bloque IV:  Temas de actualidade, tratarán os problemas ambientais: reciclaxe e utilización adecuada dos recursos; xénero; inmigracións; bioética: orixe e fin da vida; institucións e organizacións ao servizo do maior; ou a Constitución e a organización do Estado.

 

Aberto o período de inscripción

 

A UNED Senior de Xestoso-Cambás xa ten aberto o seu período de pre inscrición para o vindeiro curso, o 2009-2010.  Para aqueles alumnos que cursaron o primeiro ano e  queren rematar os seus estudos, e para os que queiran inscribirse por primeira vez, poden descargarse o formulario obrigatorio da web da UNED, na dirección www.uned.es/senior.

Sociedade