Día Mundial do Auga polo río Mercurín

Día Mundial do Auga polo río Mercurín

23 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Medio Ambiente, celebrou o Día Mundial do Auga percorrendo parte do roteiro do río Mercurín na compaña de alumnos, alumnas e profesoras do CEIP Cardenal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.

Para o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, percorrer o roteiro do río Mercurín é unha forma moi axeitada de celebrar o Día da Auga por ter o nacemento este río ó seu paso polo roteiro, ao mesmo tempo que se pon en valor esta ruta e se lle dá a coñecer aos rapaces e rapazas que nos visitan, a riqueza natural da vila. 

O Roteiro do Río parte do muíño do campo da feira onde se atopa un panel interpretativo da ruta e entre os seus principais atractivos figuran a fraga de Tralorrío e tamén dous muíños. Os rapaces percorreron 8 dos 16 kilómetros que compoñen o roteiro logo de xantar no paseo fluvial do municipio. 

No seu día o roteiro foi deseñado e acondicionado empregando materiais propios da zona como madeira de carballo e de castiñeiro e sen aplicar produtos prexudiciais para o medio ambiente. 

Segundo palabras do concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, "o noso Concello conta cun número crecente de roteiros e sendas adaptadas e habilitadas para a práctica de sendeirismo na natureza para todas as franxas de idade."

Sociedade