Da ría á mesa

Da ría á mesa
23 de Decembro, 2023 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Soben os prezos do marisco nun momento no que este é un dos manxares estrela nas mesas.  “A demanda é moita e o produto pouco”, explica en Radio Fene o patrón maior da Confraría Santiago Apóstol de Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:

“Temos moita máis demanda que produto, no peor ano en capturas que eu recordo desde 1999”, indica Jorge López. “A nosa ría, por diferentes motivos, non reproduce ao que se engadiron este ano as fortes chuvias, fixeron que parte do marisco morrera, o único que quedou foi a ostra plana e algo de japónica”. Mala campaña en canto a capturas o que fai subir os prezos. Para as persoas que non queiran pagar prezos elevados o patrón maior propón como alternativa “ navalla , hai stock, ou vieiras que temos evisceradas”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora