Dado o paso previo á auga en Magalofes

O alcalde, Gumersindo Galego, asinou onte á tarde o contrato en escritura pública e ante notario.
21 de Maio, 2019 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene compra os terreos para instalar os depósitos de auga que darán servizo a Magalofes, San Marcos e zona alta de Sillobre.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, asinou onte á tarde o contrato en escritura pública e ante notario da adquisición dos terreos para a futura instalación dos depósitos da auga que facilitarán o acceso a este servizo por parte dos veciños e veciñas de Magalofes, San Marcos e zona alta de Sillobre. Un acto previo á execución da intervención, que se levará a cabo nesta parcela que ten unha extensión de 2.988 metros cadradose situada en Magalofes. O prezo de adquisición, de 4.277,32 euros, responde a un informe técnico de valoración.

Superado este trámite o Concello está en disposición de levar a cabo o proxecto para a instalación da infraestrutura hidráulica que lle permita dotar dun sistema de abastecemento domiciliario de auga potable a esta parroquia. A parcela cumpre coa normativa urbanística e técnica. Respeto da idoneidade da finca tívose en conta que para implantar os depósitos era preciso que a súa localización estivese a unha determinada cota, cota que se cumple, ademais de contar cunhas dimensións físicas axeitadas para dito uso.

Institucional

Comentarios

E a compra esa é legal? E como un señor de Magalofes tardou 5 anos en comprar un terreo en Magalofes para un servicio basico? En campaña electoral facer isto non é presentable.
Nome: 
Fernando

Publica o teu comentario agora