Dame limóns do teu limoeiro

Dame limóns do teu limoeiro
10 de Abril, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Froita do limoeiro, de forma ovoide, con pel grosa e rugosa entre a cor verde e amarela e sabor acedo.

A orixe do limón está en Asia e, curiosamente foi un descoñecido entre gregos e romanos. O seu cultivo desenvolveuse na península ibérica despois da conquista árabe. Un médico inglés, Jacob Lind, descubriu que era bo para previr o escorbuto e introduciu o zume de limón na Mariña inglesa en 1777. Fíxose obrigatorio nos barcos do rei. O escorbuto era unha enfermidade endémica na Idade Media, por falta de vitamina C. Contase que en 1498 morreron dela 54 homes da expecición de Vasco de Gama.

O limón úsase en zumes e refrescos, na repostería, para realzar sabores no xantar e tamén nas bebidas. A tradición de meter un anaco de limón no ventre dos peixes veu de fora. Di Fausto Galdo que en Castela utilizábase para disimular o podre das pescadas cando chegaban á Corte. E di Eladio Rodríguez que nos séculos XVI e XVII os navíos extranxeiros cargaban limóns nos nosos portos por milleiros. Un millar vendíase naquel tempo a vinte reais.

“O limón foi muller

Núa dentro do ar.

E non houbo varón

Que a poidese levar”.

( Lorenzo Varela)

A nosa Uxía canta tamén ao limón e á laranxa:

"A laranxa foi a fonte I o limón foi atrás dela

A laranxa foi a fonte I o limón foi atras dela

A laranxa trouxo a ola

I o limón trouxo a panela

A laranxa trouxo a ola

I o limón trouxo a panela”.

 

(Na imaxe, o meu limoeiro)

Cultura

Publica o teu comentario agora