Dandô

A musica brasileira ten asegurado o futuro con voces como a de Katya Teixeira
29 de Abril, 2019 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

Dandô denomínase o proxecto multicultural de Katya Teixeira que estes dias actúa en diferentes cidades galegas.

ESCOITA O PODCAST:

Todo un personaxe descubrimos en Katya Teixeira, cantora e compositora brasileira. Toda unha voz, o seu primeiro instrumento, que bebe da investigación da música popular do seu país. Coa disculpa de actuar en Ferrol, na Fundaçom Artabria e coa organización do Beco da Lingua, associaçao de alunxs e ex-alunxs de portugués, o venres estivo en Radio Fene cantando e falando dun proxecto comunitario que denominou “Dandô. Circuito de Música” no que inclúe a Galicia a través de Uxía.

“A musica popular brasileira vai sempre ben, afirma Katya rotunda, porque somos millóns de habitantes”. Os golpes son os políticos e a cultura sofre tamén. Preguntada pola música galega afirma que coñece “um bocadinho”. Katia Teixeira ten 6 CDs gravados, 3 singles e innumerables participacións en CDs e espectáculos de artistas consagrados da Música Popular Brasileira.

Cultura

Publica o teu comentario agora