Darío Campos preside a Deputación de Lugo tres meses despois do previsto

Darío Campos preside a Deputación de Lugo tres meses despois do previsto

08 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O alcalde socialista da Pontenova, Darío Campos, protagonizou finalmente o papel que se lle reservara había tres meses, cando a rebeldía do seu compañeiro de partido e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, entregoulle a presidencia da Deputación de Lugo ao Partido Popular. Desta volta non houbo sorpresas no guión establecido. Os 13 votos conxuntos dos deputados do

O PSdeG e o BNG volverán gobernar en coalición a Deputación Provincial de Lugo. Así aconteceu cando foi presidente o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, por un período de oito anos interrompido a comezos do verán cando o alcalde de Becerreá votou por si mesmo e despois en branco na sesión de investidura orixinal, favorecendo así que Elena Candia, do PP, accedese á presidencia. Martínez, candidato orixinal dos socialistas, rebelouse contra o veto que o BNG lle impuxera ao estar imputado nun caso referido a unhas obras en Portomarín dependentes do cargo que tiña no goberno provincial e que aínda non se resolveu.

Durante o seu breve goberno en Lugo, Candia avogou por fiscalizar a acción de goberno de Besteiro e apenas 48 horas antes de deixar o cargo comprometía investimentos de máis de 2 millóns de euros en partidas que beneficiaban maioritariamente a concellos gobernados polo PP. Durante o debate da moción de censura, os populares apelaron ao alcalde de Becerreá, preguntándolle con que lle pagaran o seu cambio de parecer. Martínez respondeu votando polo retorno dun compañeiro seu ao despacho principal do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo.

Institucional