Darío Xohán Cabana, Astano e o San Froilán

Darío Xohán Cabana, Astano e o San Froilán

20 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

"Digo os nomes daqueles, é Daniel e Amador, son presentes connosco, como estrelas de ferro". Comezaba así un dos poemas que recitou Darío Xohán Cabana o dez de febreiro de 1985 no Festival de solidaridade cos traballadores de Astano en Ferrol. O escritor de Cospeito volverá dar testemuña do seu compromiso coas xentes máis desfavorecidas este ano no pregón do San Froilán 2015. Darío Xohán Cabana recibiu no pasado mes de ma

A Comisión Especial de Festas acordou por unanimidade nomear ao escritor e académico Darío Xohán Cabana como pregoeiro do San Froilán 2015, segundo informa o dixital Galicia Confidencial. 
 
A proposta do escritor e membro da Real Academia Galega (RAG), que ademais é funcionario do Concello, “obtivo o consenso de todos os grupos políticos representados na Corporación, ao tratarse dunha persoa de recoñecido prestixio que reúne sobradamente os méritos e requisitos necesarios” para ofrecer o pregón dos festexos patronais lucenses, subliñou a rexedora.
 
Nado en Roás (Cospeito) no ano 1952, Dario Xohán Cabana é autor de medio cento de obras, entre outras, de poesía,  Roman¬ceiro da Terra Cha (1973), VIII frag-mentos (1987), Amor e tempo liso (1987), Patria do mar (1989), Canta de cerca a morte (1994) e Cabalgada na brétema (2006); de narrativa, Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990), Vidas senlleiras (1992), O cervo na torre (1994), Morte de rei (1996), e Mitos e memorias (2003). Realizou tamén varias antoloxías de poesía galega, e algúns estudos históricoscomo Modios e moios: nota sobre metroloxía galega medieval, A chegada a Lugo do primeiro tren e Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo. Publi¬cou traducións do Cancioneiro de Petrarca (en 1989 e outra nova no 2012), A Divina Comedia (pola que lle foi outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia) e a Vida nova de Dante; e Os Tres Mosque¬teiros de Alexandre Dumas. Compilou e traduciu unha Antoloxía do Dolce Stil Novo e outra de Os trobadores de Occitania.
 
Novos concertos
 
A designación do pregoeiro das festas foi un dos asuntos tratados na Comisión de Festas deste martes, na que a Alcaldesa e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, deron a coñecer tres novos concertos: a banda de rock M-Clan, e as agrupacións galegas Luar na Lubre e Riobó, que actuará con Treixadura, outras das actuacións xa anunciadas, xunto con Auryn e Los Chikos del Maíz.
 
Concurso de polbeiros
 
Tamén se acordou potenciar o Concurso de Polbeiros, do que se celebrará a segunda edición, aumentando o número de participantes (de 6 pasarán a 8) e maior contía económica dos premios (o primeiro galardón pasa de 600 a 1.000 euros). Os interesados en participar no certame, que terá lugar no Mercado Municipal de Abastos, poderanse inscribir ata o día 22 de setembro. O xurado puntuará o sabor do polbo, a textura e punto de cocción, o adobo, e o corte e presentación.
 
Entre as propostas da oposición figuran iniciativas xa previstas, como o impulso do Concurso de Polbeiros; a ampliación dos horarios dos buses, medida que se adopta todos os anos; apertura dos museos, que manteñen o horario de verán; ou un plan de seguridade, a instalacións de aseos públicos e a inclusión no programa das festas dun mapa coas zonas de aparcamentos e os horarios dos buses. En canto á posible realización dunha proba deportiva no Camiño de Santiago, o Goberno tomou nota da proposta, aínda que estuda organizala fóra das datas do San Froilán.

Sociedade