Das panxoliñas á cabalgata

Falamos coa concelleira de Cultura de Fene sobre a oferta cultural do Nadal
19 de Decembro, 2019 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Para un público familiar, chega esta tarde á Casa da Cultura de Fene “As Armadanzas na punta do pé”. Mercedes e Montse son as armadanzas cuxa misión é levar ao público ata o mundo do baile tradicional galego-portugués. O importante, advirten, é deixarse levar pola maxia do baile. Empeza ás seis desta tarde e dura unha hora.

ESCOITA O PODCAST:

A concelleira de Cultura de Fene, Rocío Bértoa, convócanos a participar esta fin de semana en calquera dos tres concertos musicais que dan a benvida ao Nadal neste concello. Empezan mañá venres 20 ás 17.00h co que da o alumnado da escola municipal de música na Casa da Cultura. As igrexas parroquiais de Magalofes e Maniños acollen os outros dous, o venres e sabado, respectivamente. Na igrexa de San Xurxo actúa o venres ás 19 horas o Coro Son Elas.

O sabado á mesma hora a igrexa nova de Maniños acolle o XIX Festival municipal de Panxoliñas. Itinerante como é, este ano tocalle a esta parroquia recibir a todas e cada unha das corais e rondallas na igrexa nova: Tradicoro, Estrelecer, Perla del Río, Coral Eterna xuventude, Agarimo, a Coral de San Valentín e a anfitriona do Pote de Maniños esmeranse estes dias ensaiando as panxoliñas que cantarán o sabado.

A edil de Cultura, Rocío Bértoa falounos deste arranque musical e de toda a oferta de obradoiros e espectáculos de maxia e teatro, así como da Cabalgata dos Reis Magos que o domingo 5 de xaneiro porá a estrela a este Nadal. Os pequenos e pequenas que desexen participar nela, teñen de prazo ata o 27 de decembro para inscribirse como paxes reais no Rexistro Municipal, na Casa do Concello, primeiro andar.

Cultura

Publica o teu comentario agora