David Cal, nova medalla para Galicia

David Cal, nova medalla para Galicia

08 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O padeeiro de Cangas David Cal logrou esta mañá medalla de prata na proba de 1000 metros en C-1 nos Xogos Olímpicos de Londres. Realizou uns últimos 250 metros espectaculares e a piques estivo de alcanzar ao alemán Sebastián Brendel. Quedou a 877 centésimas do gañador.

Cal, subcampión mundial en 2003, deuse a coñecer en todo o seu esplendor nos Xogos de Atenas, en 2004, onde o padeeiro galego colgouse a medalla de prata en 500m e a de ouro en 1.000m, sempre na modalidade de C-1. Catro anos máis tarde, en Pequín, cita na que foi o abandeirado español na cerimonia de inauguración, volveuse a subir ao caixón para recoller as dúas medallas de prata que logrou nas mesmas probas.

"Non sinto que fixese historia, a verdade. Agora só quero gozar desta medalla", asegurou o subcampión olímpico tras a proba, informa Efe. "Esperaba estar algo máis adiante ao comezo da carreira, pero gardei enerxía para o final e vinme bastante ben nos últimos metros, onde remontei".

Sociedade