David Cal visita ós nenos do Colexio de Cervo

David Cal visita ós nenos do Colexio de Cervo

20 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Ó igual que fixera o pasado venres no IES Marqués de Sargadelos, o piragüista e medallista galego, David Cal, visitou este mediodía aos alumnos de ensino infantil do CEIP de Cervo para manter unha conversa cos rapaces aproveitando un pequeno parón na súa preparación de cara aos Xogos Olímpicos de Londres 2012 que está a desenvolver por segundo ano consecutivo no embalse neste municipio.

O cuádruple medallista olímpico David Cal, que en Londres 2012 buscará convertirse no deportista olímpico do país más laureado de la historia, iniciou xa en Cervo unha concentración de dous meses. Deste modo, ó igual que fizo a pasada tempada, o palista galego volverá a utilizar a lámina de agua do embalse mariñán de río Cobo para os seus adestramentos en canoa e nas instalacioóns do clube de piragüismo San Ciprián preparará as sesións de ximnasio.

Ademais dos seus adestramentos diarios, David Cal está a aproveitar a súa estancia na Mariña para visitar os centros escolares de Cervo e porse en contacto cos máis cativos. Nesta ocasión o palísta cangués estivo acompañado polos concelleiros do Grupo de Goberno Yolanda Pedreira, José Ramón Soto e Tania Fernández; responsables de Educación, Deportes e Cultura respectivamente, ademais do equipo directivo do CEIP de Cervo e do seu adestrador.

Do mesmo xeito que acontecera cos alumnos de ensino secundario, os pequenos do colexio de Cervo tamén se interesaron polos detalles da preparación diaria dun deportista de elite como é Cal; pero ademais, os pequenos tamén se atreveron a facerlle outro tipo de preguntas máis persoais ao campión olímpico galego como si vai ou non a misa, ou en que colexio estudou de pequeno.  O encontro rematou cunha sesión de autógrafos por parte de Cal a todos os nenos.

O motivo que leva por segundo ano consecutivo a David Cal a Cervo é a lámina de agua que forma o encoro de río Cobo, que reproduce de maneira perfecta as condicións da pista de Eton, sedos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Entre as próximas citas de compatición do palista de Cangas do Morrazo, está o Mundial de España, que se diputará en Pontevedra o próximo 9 de xullo e sobre todo o control selectivo que se celebrará o 13 de agosto na pista de Verducio, tamén en Pontevedra. Nesta cita previa ó Campionato do Mundo de Hungría Cal deberá gañarse a plaza mundialista no  C-1 1.000 metros e no C-1 200 metros se quere clasificarse entre os sete mellores do mundo e conseguir un pasaporte olímpico.

Sociedade