David contra Goliat

Como pode facer frente o pequeno comercio ao novo hábito das compras por Internet?
17 de Xaneiro, 2019 - 01:59 h. | Publicada por Radio Fene

O pequeno comercio de Fene, metido en época de rebaixas, ten que espabilar frente aos novos hábitos de realizar as compras a través de Internet. Hai que amosar as armas que non ten a rede.

ESCOITA O PODCAST:

Os expertos afirman que á hora de preparar as rebaixas, o comercio debe ter en conta algo máis que unha simple baixada de prezos. Internet fai posible encontrar calquera cousa ao mellor prezo. Diante desa situación, como afronta o comercio de Fene a época das rebaixas? A poboación en xeral variou os seus costumes de compra coa xeneralización de Internet. Pero o pequeno comercio conserva clientela fiel á que lle gusta o trato persoalizado. Opina así Priscila García de Dama, perfumeria, roupa e complementos. Agora a xente nova pasa as vintecatro horas conectada. Están moi metidos nas redes sociais e iso influe nos hábitos de compra, segundo Nieves Grande, de Koralli. Internet claro que afectou, indica Belén Cuesta de Berline Boutique. Hai xente que vai ao pequeno comercio a probar a roupa e logo a adquire por Internet. Ademáis de dar saida aos produtos non vendidos en tempada, o comercio agora quere sacar o máximo partido á campaña de rebaixas. Hai que dar con estratexias para atraer novos clientes, fidelizar á clientela habitual e aumentar as vendas a curto prazo. Queren amosar as súas diferencias, o valor que aportan e o coñecemento das necesidades da clientela.

Sociedade

Publica o teu comentario agora