De Caamouco a Cuba

Caamouco continúa o verán cultural no mes de agosto con curiosas actividades
23 de Xullo, 2019 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

Redes ofrécenos un verán cheo de eventos culturais e festivos cada fin de semana.

ESCOITA O PODCAST:

A Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza durante o mes de agosto a segunda parte do Verán de Cultura de Caamouco. Cada fin de semana do mes temos unha actividade distinta da que disfrutar. Comezan o venres 2 de agosto co obradoiro de arquitectura e arte para nenos e nenas, impartido por Yolanda Mauriz. O dúo formado por Fernando Barroso e Margarida Mariño actúa o sábado 10 na XIII Festa da Cabria no Porto de Redes, dende as 19,30h, pero a festa xa empeza ás 11 con exhibicións etnográficas, artesanía e algo de xantar, en palabras de Sabela Fraguío, presidenta da Agrupación Instructiva de Caamouco.

Luis Da Silva dirixirá nas mañás da fin de semana do 16 ó 18, o obradoiro de Cestería de 10h ata as 13:30h. Do 23 ó 25 organizarase a segunda edición do Ares Indiano. Unha recreación do pasado indiano e da historia da emigración que organiza o concello de Ares. O sabado 24 Tomás Cardeña impartirá un obradoiro de Filosofía familiar na Horta de Quinín, a partir das 11,30h. E finalmente, Caamouco remata o seu verán de cultura o sábado 31 de agosto co III Lume do Castelo na Punta do Castelo de Redes. Un espectáculo de danza e música con Alfredo García Trío, con Pablo Sanmmamed e Bruno Couceiro, será o prato forte este ano.

Viaxe a Cuba

Pero a grande aventura da Agrupación Instructiva de Caamouco este ano é a viaxe a Cuba. Todo está preparado para sair o dia 17 e retornar o 25 de Outubro. A directiva Cristina Cadena é a encargada de organizar a viaxe que levará a La Habana a máis de 50 persoas, a maioría con familiares que emigraron aló. Cristina Cadena. La Habana, Pinar del Río ou Varadero son algúnhas das visitas que realizarán na illa caribeña.

Cultura

Publica o teu comentario agora