De enfermo a enfermo

De enfermo a enfermo
18 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“O importante é compartir experiencias”, din os usuarios do Grupo 24 Horas de Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. Miguel e María José contan en Radio Fene como funciona o grupo que axuda desinteresadamente a facer fronte á enfermidade. 

ESCOITA O PODCAST:

“Están falando de min”, pensou María José cando se incorporou as sesións nas que comparten experiencias, que son moi duras, nunha terapia “de enfermo alcohólico a enfermo alcohólico”. Alí non hai médicos nin psicólogos. O Grupo 24 Horas está sempre operativo porque é “unha loita diaria”, advirte Miguel. “O enfermo alcohólico non sabe controlar os tragos”. As sesións acostuman durar 2 horas. Na rúa da Merced, 11 baixo, de Ferrol, na zona do porto, ten a súa sede o Grupo 24 Horas de Alcohólicos Anónimos Ferrolterra que se financia coas achegas dos usuarios. Os que non poden aportar cartos colaboran facendo traballos de mantemento.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora