De Lituania e Polonia a Ordes

De Lituania e Polonia a Ordes

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu onte a un grupo de alumnos e profesores de Lituania e Polonia que están a pasar uns días no municipio a través dun intercambio escolar con alumnos de IES Maruxa Mallo de Ordes. O rexedor interesouse pola súa estancia no municipio, así como os animou a ser partícipes de todos os encantos dos que dispón Ordes. “Espero que a vosa estancia en Ordes sirva para que vos levedes un bo recordo do noso municipio e que poi

Pola súa banda os profesores polacos e lituanos agradeceron ao alcalde a boa acollida que están a ter no municipio, así como lle mostraron as boas impresións que se están levando de Ordes. Ademais entregaron ao alcalde obsequios representativos dos seus pobos. 

En total son 6 alumnos e 4 profesores polacos, e outros 6 alumnos e unha profesora lituana os que están visitando Ordes nestes días, nunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Comenius da Unión Europea no que participa o IES Maruxa Mallo xunto aos institutos do pobo lituano de Druskininkai e o polaco de Pszczyna. Un proxecto que ten unha duración de dous anos e polo que xa o ano pasado visitaran o municipio outros dous grupos de alumnos lituanos e polacos, así como  escolares ordenses viaxaran en dúas ocasións a Lituania e unha a Polonia. 

A finais do vindeiro mes de abril os alumnos ordenses, que están a acoller nestes días aos seus homónimos lituanos e polacos, viaxarán a Polonia, dando así por finalizadas as viaxes enmarcadas dentro deste programa. En total vixarán ao pobo de Pszczyna, 6 alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo acompañados por profesores do centro. 

Na recepción, participaron tamén os alumnos ordenses que están a acoller aos seus compañeiros polacos e lituanos, así como a directora do IES Maruxa Mallo, Rosa Mª Maceiras, e a coordinadora do programa, Isabel Mato, ademais dos concelleiros de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín.

Sociedade