De quince a cento oitenta segundos

De quince a cento oitenta segundos
19 de Agosto, 2019 - 01:53 h. | Publicada por Radio Fene

Contamos contigo. Ven a Sincro. Con eses lemas, o Club Sincro Ferrol  convoca ás persoas interesadas en iniciarse na natación artística ou sincronizada.. Realizarán probas de acceso o sete e o catorce de setembro. Pode solicitarse máis información no teléfono 698184976 ou no correo electrónico clubsincroferrol@gmail.com

Club Sincro Ferrol

Unha nena cando empeza a practicar natación artística sincronizada só resiste uns quince segundos sen respirar baixo a auga. Pero con adestramento,a apnea –capacidade de estar baixo a auga coa suspensión temporal da respiración- pode prolongarse ata os cento oitenta segundos. En natación artística ou sincronizada practícanse habilidades acuáticas básicas, xogos, expresión corporal, ximnasia acrobática, maquillaxe, peiteado, música e baile moderno.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora