ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación de Empresarios de Muimenta, no Concello de Cospeito, pon en marcha por terceiro ano consecutivo o Concurso de Tapas. Celebrarase do 16 ó 20 de agosto a partir das 7 da tarde.
Oito bares da parroquia de Muimenta van ter que ir discurrindo cómo facer para ofrecer a mellor tapa cara a mediados do mes que ven. Un xurado formado por empresarios de hostelería, xornalistas e xente independente puntuarán e decidirán cal é, de todas as presentadas, a mellor tapa. O local que elabore a tapa gañadora recibirá un agasallo. Pero tamén haberá regalos para o público participante. Serán dous vales de 200 euros: un para o “rosco”, que será aquel que se atreva a percorrer a ruta dos oito bares participantes; e outro para o voto individual da tapa.
A Asociación de Empresarios de Muimenta en colaboración coa Deputación de Lugo levan a cabo esta iniciativa.