De un en un na panadería

De un en un na panadería
25 de Marzo, 2020 - 10:41 h. | Publicada por Radio Fene

As vendas do pan non variaron sustancialmente en comparación coa situación anterior ao coronavirus. En Pan Perlío pasaron da avalancha do primeiro día a vendas algo inferiores nun estado de bnormalidade.

ESCOITA O PODCAST:

“Os primeiros días houbo unha avalancha, unha loucura. Tivemos que volver cocer pola mañá”. Así viviron en Pan Perlio o primeiro día no que se decretou o estado de alarma. Xa teñen máscaras suficientes para o personal da panadería. Agradece Daniel Garrote á xente que se volcou con eles para conseguir o material de seguridade. Dinos que estes días lle chéga un pedido e que non hai problema. As medidas de seguridade foron aumentando paulatinamente nesta panadería fenesa, desde a cinta amarela que puxeron o primeiro día para manter unha certa distancia de seguridade coa clientela, ata hoxe mesmo que montaron unha mampara, a raíz do anuncio do pico da pandemia. Ademais, a xente entra por unha porta do establecemento e sae pola outra. O amasado do pan non require medidas especiais máis aló das descritas. Unha amasadora encárgase de tal función e non hai que manipular a fariña. Neste tipo de negocio non debe  haber preocupación. O reparto a domicilio que fai esta panadería adopta as mesmas medidas de seguridade, con máscara e luvas, pero dase a circunstancia de que ninguén sae da casa a falar co repartidor quen se limita a depositar o pan na bolsa.

Ocorre que a clientela tamén vai en paralelo, aumentando as súas medidas de seguridade. “Empezaron vindo sen nada e hoxe casi todos levan luvas e algún máscaras” afirma Daniel Garrote, propietario de Pan Perlío. Cóntanos a anécdota de que os clientes entran de un en un e fan a cola fora. “Están tan concienciados que hai que chamalos para que entren. Hai medo e hai respecto” declara Garrote. Desde a avalancha do primeiro día, as ventas foron serenando e hoxe en día, confesa Daniel, véndese algo menos do habitual. A situación foise estabilizando e os clientes mercan a diario normalmente, tamén hai quen acude cada tres días e conxela. Por suposto, no pouco tempo que a clientela permanece no establecemento de Pan Perlio, de qué van falar? Pois das novidades sobre o coronavirus, unha “carga” a maiores que deben dixerir as empregadas, día tras día.

(Foto de Galicia Ártabra dixital)

Sociedade

Publica o teu comentario agora