De Xapón a Ortigueira

De Xapón a Ortigueira

06 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cuarteto de Xapón “Harmónica Creams” participará no Festival do Mundo Celta 2012 que se celebrará en Ortigueira a partir do 12 de xullo. No marco do Proxecto Runas de promoción de grupos noveis, actuarán no Festival, os grupos Alén de Ancos, Avelaíña e Rastrexos Project.

O nome das catro bandas emerxentes súmase ao dos escoceses The Rua Macmillan band, e ao dos andaluces Stolen Notes. O Festival Internacional do Mundo Celta celebraráse do 12 ao 15 de xullo organizado polo Concello de Ortigueira, co patrocinio de Estrella Galicia, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Cultura