Debaten a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia

Debaten a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia
23 de Novembro, 2018 - 02:11 h. | Publicada por Radio Redondela

O Congreso dos Deputados debaterá o once de decembro a toma en consideración da transferencia da AP 9. Os grupos políticos pronunciaranse sobre a tramitación deste texto legal para transferir a titularidade da Autopista do Atlántico á Xunta de Galicia. O borrador inclue a posibilidade de rescate da vía para a administración pública.

 

Entrada á autopista do atlántico

A toma en consideración deste texto implicaría a constitución dunha ponencia e o debate da lei na primavera do 2019. O Parlamento de Galicia aprobou en 2016 un texto reclamando a transferencia da titularidade. Ademais explicaba que, unha vez feito o traspaso, a comunidade galega terá encomendada a autorización da posta en servizo de novos tramos, adaptación ou reformas, supervisión e inspección do correcto funcionamento da autopista e sancións en caso de incumprimentos da concesionaria. Os prezos das peaxes da autopista encareceranse novamente o primeiro de xaneiro.

Seguro que che interesa
Institucional

Publica o teu comentario agora