Deberes sí, deberes, non

Deberes sí, deberes, non

30 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

ANPE Galicia esixe á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clarificación sobre a interpretación que se dá á orde do 22 de xullo de 1997 que regula os deberes escolares. Ante as declaracións efectuadas polo Director Xeral de Educación e F.P  e do Xefe Territorial da Coruña, así como a decisión tomada pola Inspección Educativa nas que se pon en dubida a legalidade dos deberes esc

Desde ANPE consideran que o profesorado galego, desde a súa profesionalidade e compromiso co alumnado, realiza un importante esforzo incrementando o traballo diario na aula coa elaboración e seguimento das tarefas que propón para que o alumno realice fora do horario lectivo co fin de complementar o proceso educativo e así colaborar por unha diminución do fracaso escolar e unha formación máis completa dos nosos alumnos.

Desde ANPE entenden que os deberes deben servir para completar os obxetivos que se plantexan na aula intentando que o alumno consiga unha certa autonomía e responsabilidade; e por outra banda, as tarefas deben estar enfocadas a que o propio alumno poida realizalas escapando da falsa idea de que se producen desigualdades xa que moitos pais non están preparados para axudar os seus fillos e parten en desvantaxe con outros que si o están. Desde ANPE trasladamos á sociedade que o profesorado galego dirixe estas tarefas ó alumnado e non aos pais, polo que esta aseveración escapa á realidade coa que se confeccionan os deberes escolares desvirtuando a súa función ei realmente non é o alumno quen os realiza adulterando en certa medida o proceso educativo do seu fillo.

 

   Entendemos desde ANPE que debe crearse un ambiente de traballo, de esforzo, de autonomía persoal, buscando tarefas atractivas e calibradas á idade de cada pequeno e que con unha coordinación desde os centros que permita que os rapaces dispoñan de tempo para xogar e para outras actividades.

Sociedade