Decálogo para formar a un delincuente

Decálogo para formar a un delincuente

07 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes está a traballar unha vez máis cos maiores do municipio, e nesta ocasión dende o departamento de Educación Familiar, esperan poder conciencialos da importancia do papel que xogan na educación dos seus netos e netas, a través dunhas xornadas informativas. Baixo o título “A educación das netas e dos netos”, estas xornadas pretenden servir de ferramenta para que os avós sexan conscientes daquelas cousas que deben

Na iniciativa, que se desenvolveu hoxe de 12:00 a 13:30 horas e que continuará mañá no mesmo horario na aula da primeira planta da Casa da Cultura, participa un grupo de 12 persoas.

As xornadas son impartidas por técnicas do departamento de Educación Familiar do Concello de Ordes, que tal e como explicaron, basean o seu traballo no libro de Emilio Calatayud “Reflexiones de un juez de menores”.

Na xornada de hoxe entregouse aos maiores o “Decálogo para formar a un delincuente”, de Emilio Calatayud, sobre o que se traballou e se debatiu acerca das cousas que se deben facer para propiciar unha boa educación dos nenos, así como se trataron os problemas que preocupan aos avós.

Para a xornada de mañá teñen preparada unha dinámica teatral, a través da que se escenificarán cos participantes situacións que se poidan dar na vida real entre pais, avós e netos/-as, co fin de facerlles ver as consecuencias das mesmas e poder correxilas.

Sociedade